Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
 

Enlaces de interés » ACTIVIDADES NADAL 2016 EN PONTECESURES

ACTIVIDADES NADAL 2016 EN PONTECESURES

ACTIVIDADES NADAL 2016

CONCELLO DE PONTECESURES

Ampliar Foto...
                     

         TECENDO POLO CAMBIO:

Encontros para aprender e tecer unha obra conxunta ao tempo que se debate e acto de “yarnbombing”. Dirixido a mulleres e homes de tódalas idades.

Prazo de inscrición ata o 16 de novembro, nas oficinas municipais.

Desenvolvemento: Os venres 18 e 25 de novembro, e o 2 e 9 de decembro no semisoto da Casa do Concello, de 18.00 a 20.00 horas.

Acto de YARNBOMBING: Venres 9 de decembro.

Ampliar Foto...

25 N: DÍA INTERNACIONAL CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO:

Actividade conmemorativa do Día Internacional de Loita contra a Violencia de Xénero (acto institucional).

Sábado 26 de novembro ás 18.30 horas na Plazuela.

 

Ampliar Foto...

       EXPOSICIÓN FOTOGRÁFICA: “ÁFRICA, SOÑOS E MENTIRAS”:

Exposición fotográfica que forma parte do proxecto Causas Comúns, de sensibilización sobre o incumprimento dos Dereitos Humanos tanto en África como en Europa (aspectos como a vivenda, o traballo, a alimentación ou a xustiza).

Dende o 2 ata o 26 de decembro no Salón de Plenos da Casa do Concello, de 9.00 a 14.00 horas.

Ampliar Foto...
Ampliar Foto...

EXPOSICIÓN DE PINTURA:

Exposición de pintura (óleo, acuarela...) . Aberto á colaboración veciñal, calquera persoa pode achegar a súa obra para expoñela.

Dende o 2 de decembro ata o 10 de xaneiro na Casa do Concello, de 9.00 a 14.00 horas.

 

Ampliar Foto...

OBRADOIRO DE RECICLAXE: “ISTO NON É UNHA BOTELLA”:

 

Carpa informativa sobre reciclaxe. Venres 2 de decembro na Plazuela de 10.00 a 14.00 horas.

 

Ampliar Foto...
 

   OBRADOIRO DE RECICLAXE: “ISTO NON É UNHA LATA”:

 

Aula móbil informativa sobre reciclaxe: Venres 23 de decembro na Plazuela de 15.00 a 18.00 horas.

Ampliar Foto...

           FESTA DA BICICLETA:

Venres 23 de decembro. Saída dende a Plazuela ás 17.00 horas.

Ampliar Foto...

   OBRADOIROS DE NADAL PARA OS MÁIS PEQUENOS:

ORGANIZA: PITUFOLANDIA

COLABORA:CONCELLO DE PONTECESURES

Cantaxogos, contacontos, etc…Nenos/as de 3 a 12 anos. De 9.00 a 14.00 horas no Anexo ao Pavillón Polideportivo ou no Centro Social. Dende o 22 de decembro ata o 5 de xaneiro, de luns a venres.

 
Ampliar Foto...

“COAS MANS NOS PUCHEIROS”:

Obradoiro interxeneracional de cociña (do programa “TECENDO LAZOS” da Deputación de Pontevedra). Maiores de 13 anos. Desenvolvemento no mes decembro (pendente de datas) no Centro Social. Inscrición ata o 30 de novembro.

 
Ampliar Foto...

XVII CARREIRA POPULAR DE PONTECESURES:

Xoves 8 de decembro a partir das 11.30 na Praza do Coche de Pedra.

Máis info: http://pontecesures.org/vernoticia.asp?id=951

                                              

 
Ampliar Foto...
Ampliar Foto...

PAPA NOEL PERCORRE O POBO:

ORGANIZA: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE PONTECESURES

COLABORA: CONCELLO DE PONTECESURES

Desfile de Papa Noel polas rúas do noso pobo o sábado 24 de decembro. Saída ás 10.00 da mañán dende a nave de obras do concello e final do desfile na Plazuela ás 12.00 horas con sorteo de agasallos os nenos/as. Para participar neste sorteo é preciso que os nenos/as depositen a súa carta a Papa Noel  nos buzóns instalados nos días previos nos establecementos comerciais de Pontecesures.

Ampliar Foto...

BELÉN VIVINTE NA PLAZUELA:

ORGANIZA: ASOCIACIÓN CULTURAL PONTECESURES

COLABORA: CONCELLO DE PONTECESURES

Belén vivinte na Plazuela durante toda a xornada do 25 de decembro.

 

Ampliar Foto...

 DESPEDIDA DO ANO (FIN DE ANO):

Despedida do ano con uvas e campanadas o sábado 31 de decembro ás 12.00 horas na Plazuela.

Ampliar Foto...
    

CABALGATA DE REIS:

Xoves 5 de xaneiro. Saída dende a zona portuaria de Pontecesures ás 18.00 horas, con percorrido ata a Plazuela.

 

Ampliar Foto...
Ampliar Foto...
Ampliar Foto...
 
    

ACTO SOLIDARIO

“MÓVETE DANCE":

ORGANIZA: ASOCIACIÓN DE EMPRESARIOS DE PONTECESURES

COLABORA: CONCELLO DE PONTECESURES E MÓVETE CON NÓS

Exhibición de Body Jump, aerobic, zumba,…etc. con recollida de alimentos con fins solidarios. O sábado 7 de xaneiro ás 16.30 horas na Plazuela. Posteriormente ás 18.00 horas, tamén na Plazuela sorteo de agasallos por parte da Asociación de Empresarios de Pontecesures.

 




Guia de Servizos do Concello

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Perfil de Contratante

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

SEDE ELECTRÓNICA
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting