Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

8 DE MARZO. DÍA INTERNACIONAL DA MULLER CONCELLO DE PONTECESURES.


Ampliar Foto...
08/03/2017.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

As Nacións Unidas comezan a celebrar o Día Internacional da Muller o 8 de Marzo de 1975. Esta data xurdiu das actividades dos movementos obreiros de finais do século XX en América do Norte e Europa. Dende entón, o Día Internacional da Muller adquiriu unha dimensión global en diversos países. O crecente movemento internacional das mulleres, fortalecido por catro conferencias mundiais das Nacións Unidas sobre a muller, axudou a que a súa conmemoración ofrecese a oportunidade de incrementar o apoio aos dereitos e á participación das mulleres nas esferas políticas e económicas.

Así, o Día Internacional da Muller pasou a ser un movemento de reflexión sobre os progresos acadados, un chamamento ao cambio; e, unha celebración dos actos de valor e determinación tomados por mulleres correntes que tiveron un papel relevante na historia dos seus países e comunidades.

Deste xeito, este recoñecemento  tamén debe facerse visible a nivel local, polo que o Concello de Pontecesures, baixo a mirada atenta da perspectiva de xénero, pretende seguir a afondar en dita temática, coa finalidade de que sexa entendida como unha oportunidade de mirar cara adiante e reflexionar sobre o potencial das futuras xeracións, alimentando o compromiso e a necesidade de unir folgos nesta loita pola igualdade a través da historia.

Concienciar, sensibilizar, cambiar, coeducar, etc. son accións prioritarias que deben estar presentes nas axendas das administracións locais, como entes de referencia e proximidade á propia cidadanía.

Baixo esta filosofía, o Concello Pontecesures, a través da iniciativa Tecendo un mundo, puxo o acento, neste 8 de Marzo, no traballo coa comunidade educativa; co obxectivo de seguir a avanzar na consecución da igualdade de oportunidades, do recoñecemento das aportacións feministas, así como da aceptación da diversidade.  

Tecendo un mundo, foi unha forma de recordar que, a través de soños, ilusións, metas, propósitos, etc. cada unha das persoas, cada unha das mulleres, concreta un proxecto de vida. Sen embargo, a propia condición de " ser muller", está condicionada e marcada, en múltiples ocasións, por mandatos sociais e culturais que desdebuxan a realidade.

De forma creativa, esta metáfora estase a materializar no C.P.I de Pontecesures, a través da elaboración dun tapiz común, formado a través de teas de diversas cores, texturas e estampados, etc. que se entrelazan, para recoñecer que a unidade se forma a través do recoñecemento da pluralidade.

A Alcaldía

8 de marzo 2017

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting