30/03/2009.- EVENTOS E ACTIVIDADES
PROGRAMA DE ACTOS:
SABADO, 4 DE ABRIL. 10:00 horas. Apertura da V Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión nesta xornada. Contarase cunha Unidade Móbil da ITV, para que os vehículos de máis de 25 anos pasen a revisión de balde, cun horario de 10 a 14 e de 15 a 19 horas. 11:00 horas. Concentración de Motos Antigas, previa inscrición ata o venres ás 14 horas na web www. eventosmotor.com. 12:00 horas. Pasarrúas e actuación a cargo do grupo Algueirada de Pontecesures. 17:45 horas. Acto inaugural de V Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión. 18:00 horas. Concurso de empanadas de lamprea. Entre ás 18:00 e as 18:30, horas recepción das empanadas participantes no concurso na carpa da zona portuaria. Cada concursante entregara un sobre pechado coa empanada onde figuren os datos persoais do concursante, entregándollese un número. Entre ás 18:30 e as 19:00 horas, serán valoradas as empanadas polo xurado integrado polos recoñecidos chef galegos, D. Francisco Vilas (Casa Vilas, Santiago), D. José Antonio Rivera (Chef Rivera, Padrón), D José Luis Baleirón (Olivo, Pontecesures) e o pregoeiro D. Fernando Cobo Gradín, para adxudicar os premios do concurso. 1º premio, 300 euros; 2º, 200 euros,; 3º, 100 euros. De 19 a 22 horas, despacho de pinchos de empanada de lamprea e de lamprea á bordelesa, ao prezo de 2,50 euros (inclúe bebida) 22:00 horas. Peche da xornada do sábado da Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión Toda a tarde estará amenizando os actos a charanga Santiaguiño de Padrón.
DOMINGO, 5 DE ABRIL. 10:00 horas. Apertura da 2ª xornada da Feira do Automóbil. 11:00 horas. Concentración de coches antigos, previa inscrición ata o venras ás 14 horas na web www.eventosdel motor.com. 12:00 horas. Recepción das autoridades na Casa do Concello. 12:30 horas. Ofrenda floral no Monumento ás Feiras do Automóbil Antigo e de Ocasión da rúa San Lois. 12:45 horas. Visita das autoridades á Feira do Automóbil. 13:30 horas. Pregón da Festa da Lamprea a cargo do biólogo e profesor da USC, D. Fernando Cobo Gradín. Durante todos estes actos da mañá, contarase coa actuación do grupo Xarandeira de Pontecesures. 14:00 horas. Festa Gastronómica da Lamprea, tanto para o público en xeral como para as autoridades, na carpa situada no peirao. A charanga Santiaguiño de Padrón amenizará a festa. Ao longo do día contarase cunha exhibición de karts e haberá un acuario de lampreas vivas. 20:00 horas. clausura da V Feira do Automóbil Antigo e de Ocasión.
|