Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Eventos e Actividades

 

XORNADA DE DOAZÓN DE SANGUE EN PONTECESURES: LUNS 14 DE AGOSTO


Ampliar Foto...
03/08/2017.- EVENTOS E ACTIVIDADES   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

O Concello de Pontecesures colabora coa campaña solidaria

#súmatedoasangue

O Concello de Pontecesures e a Axencia Galega de Doazón de Sangue e Órganos (ADOS) impulsan de novo a participación nas campañas de doazón de sangue para garantir o labor dos hospitais galegos, que precisan preto de 10.000 doazóns de sangue cada mes para atender a todos os doentes.

O verán é a época de maior dificultade para a doazón de sangue. Os enfermos ingresados nos hospitais galegos seguen a precisar a solidariedade dos veciños e veciñas e, por iso, o Concello distribuirá unha carta informativa.

Poden doar sangue as persoas entre 18 e 65 anos e que pesen máis de 50 quilos. Persoal sanitario revisará a saúde das persoas que se acheguen ata a unidade móbil de ADOS, antes de levar a cabo a doazón de sangue:


PONTECESURES

LUNS 14 de AGOSTO

Unidade móbil de doazón de sangue na Plazuela (xunto á Igrexa)

10.00 a 14.00 e 16.00 a 21.00 horas

 

Pontecesures acadou 70 doazóns por cada 1.000 habitantes en 2016 e cumpriu de xeito xeneroso a taxa de doazón recomendada pola Organización Mundial da Saúde (40 a 60 doazóns por cada 1.000 habitantes). O obxectivo é manter de novo esta participación solidaria durante o presente ano.

Queremos facer un agradecemento especial as persoas que participan cada ano nas campañas de doazón de sangue. Grazas a este xesto solidario, os hospitais atenden aos enfermos de cancro e leucemia e levan a cabo, cada día, unha media de 2.700 urxencias, 500 intervencións cirúrxicas e 3 transplantes de órganos e tecidos.

Neste verán os enfermos non toman vacacións

e moitas persoas dependen deste xesto solidario para recuperar a saúde

Precisamos 10 minutos da túa vida para salvar a doutros

 

 

 


 



Guia de Servizos do Concello

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Perfil de Contratante

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

SEDE ELECTRÓNICA
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting