Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
  
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
   
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

Adxudicación da Obra MELLORA EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS


24/10/2017.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

Na pasada Xunta de Goberno Local do 16 de outubro de 2017 aprovouse a adxudicación da seguinte obra:

1)     MELLORA EN INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS. (PAVILLÓN E CAMPO DE FÚTBOL)

O Pavillón Municipal de deportes é un edificio antigo que apenas sufriu reformas importantes dende a súa construción. Ten diversos problemas construtivos e de funcionamento, propios da súa antigüidade e do seu uso intensivo por parte tanto de clubs deportivos do municipio e de municipios próximos, como do colexio xunto ao que se atopa.

En concreto, preténdese reducir os problemas de humidade co que conta no seu pavimento mediante a instalación dun drenaxe na base da súa fachada sur, que é a máis exposta á choiva e que linda cuns terreos que tenden a inundarse cando se dan períodos persistentes de mal tempo. Tamén se prevé mellorar a funcionalidade da instalación mediante unha cubrición diante da porta principal de acceso, de xeito que con mal tempo os nenos e pais que esperan para entrar no pavillón poidan estar a cuberto.

 

O Campo de Fútbol Municipal é unha instalación deportiva dunha certa antigüidade, e que nos últimos anos foi reformada, pero só na zona do campo de xogo, para a instalación dun pavimento de herba artificial. Ten un uso moi intensivo, xa que nel xogan moitos clubs deportivos, tanto do propio municipio como de outros cercanos.

O perímetro do campo de xogo conta con diversos pavimentos, con zonas de formigón, zonas asfaltadas, zonas en herba natural e zonas en terra. As zonas de herba e terra supoñen un problema funcional, xa que en épocas de choiva resultan case impracticables, e en épocas de tempo seco, levántase terra e po que, en parte, acaba no terreo de xogo. Ademais, a zona de herba provoca que se dispersen sementes polo campo, provocando o nacemento de herbas no terreo de xogo.

É por isto que resulta necesario acometer obras de pavimentación nesas zonas, para mellorar así o funcionamento da instalación, tanto para os que van practicar o deporte, como para os espectadores que teñen que pasar pola zona de acceso (en terra e barro).

Estas obras foron adxudicadas á empresa Nemesio Ordoñez S.A. por un importe de 30.243,25€ dos que 19.995,54€ son aportados por Vicepresidencia da Xunta de Galicia cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desarrollo Rural (FEADER) no marco do Programa de Desarrollo Rural de Galicia 2014-2020 e o Ministerio de Agricultura y Pesca, Alimentación y Medio Ambiente e 10.247,71€ con fondos propios do Concello.

 

 

 


 



Guia de Servizos do Concello

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Perfil de Contratante

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

SEDE ELECTRÓNICA
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting