Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
    
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Eventos e Actividades

 

MANIFESTO DO 8 DE MARZO -DÍA INTERNACIONAL DA MULLER- DO CONCELLO DE PONTECESURES.


Ampliar Foto...
08/03/2018.- EVENTOS E ACTIVIDADES   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

O 8 de marzo é unha data ineludible na axenda das institucións e na da propia cidadanía, dende aquel 1975 no que a ONU celebrou a súa primeira conmemoración. Nesta data, temos un marco idóneo para recordar os avances acadados en materia de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes, unha testemuña de longo proceso dunha loita inacabada que se centra na conversión dos principios básicos da igualdade legal en igualdade real.

A situación na que vivimos mostra claramente que as leis non abondan, sendo preciso traballar na construción dunha sociedade que desterre os mandatos machistas e patriarcais e que promova a equidade.

Partindo desta filosofía, esta data ten unha dobre finalidade. Por un lado, celebrar todos estes avances acadados, pero por outro, facer un chamamento ao compromiso con esta causa.

O Día Internacional da Muller, debe ser un día para reflexionar sobre a importancia de pasar á acción e romper cos prexuízos, mitos e mandatos para que as mulleres poidan ter e escoitar a súa propia voz, tanto nas esferas públicas como nas privadas.

O concello de Pontecesures, aposta por unha cidadanía comprometida coa igualdade, os dereitos fundamentais e a liberdade no sentido máis amplo. Por iso, nun día como o de hoxe, expón o compromiso de:

  • Seguir impulsando políticas de igualdade dende o eido local.
  • Continuar contemplando as realidades específicas das mulleres da contorna, así como a visibilización de cada unha das desigualdades vixentes.
  •  Destacar a importancia da educación en valores de igualdade de xénero, da solidariedade, o respecto das persoas dende idades temperás para a construción dunha sociedade responsable e comprometida.
  • Manifestar o rexeitamento ante actitudes machistas que impiden a consecución da igualdade real .

 

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting