Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

Axudas para o aluguer do Plan estatal 2018-2021.


Ampliar Foto...
28/06/2018.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

Axudas para o aluguer do Plan estatal 2018-2021

Modalidades:

1)LIÑA A: dirixida a poboación con escasos recursos económicos  que na data de presentación da solicitude sexan titulares, en condición de persoa arrendataria, dun contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.

2)LIÑA B: dirixida a poboación moza (menor de 35 anos) que sexa titular ou estea  en condicións de subscribir, en condición de persoa arrendataria, un contrato de alugamento de vivenda, con mención expresa da súa referencia catastral, formalizado nos termos da Lei 29/1994, do 24 de novembro, de arrendamentos urbanos.

Requisitos:

- A persoa beneficiaria deberá posuír a nacionalidade española ou se é estranxeira a residencia legal.

- Que a vivenda arrendada constitúa ou vaia constituír a residencia habitual e permanente durante todo o período polo que se conceda a axuda. Na modalidade A  as persoas integrantes da UC deben constar empadroadas na vivenda obxecto do alugamento na data da presentación da solicitude ou,  e na liña B, no momento da presentación do contrato, se non se achegara coa solicitude.

- Que a renda mensual da vivenda non supere os 400€/mes (Zona territorial 1)

- Que os ingresos das persoas que compoñen a unidade de convivencia sexan superiores a  0,7 veces o IPREM e iguais ou inferiores a 2,5 veces o IPREM. Este límite será de 4 veces o IPREM en supostos de Familia numerosa, ou  de cinco 5 veces o IPREM cando a familia numerosa sexa de categoría especial ou teña persoas con discapacidade: Parálise cerebral, enfermidade mental, discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, cun grao recoñecido igual ou superior ao 33  %;  Discapacidade física ou sensorial, cun grao recoñecido igual ou superior ao 65 %.

- Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da UC se atopen ao día das súas obrigas tributarias estatais e autonómicas e coa Seguridade Social e non teñan pendente ningunha outra débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

- Que a persoa solicitante e as demais persoas integrantes da UC non estean incursas nalgunha das circunstancias que lle impida recibir subvencións ,   así como que non se lles teña revogada, ou fosen obxecto dunha resolución de reintegro dunha axuda, deste ou dun plan de vivenda anterior.

- Que a  persoa solicitante e as demais persoas integrantes da UC non sexa propietaria ou usufrutuaria dunha vivenda, que non haxa parentesco en  primeiro ou segundo grao de consanguinidade ou de afinidade coa persoa arrendadora da vivenda; nin   sexa socia ou partícipe da persoa física ou xurídica que actúe como arrendadora; e que non sexa arrendataria dunha vivenda xestionada polo IGVS.

Contía das axudas:

A Liña A será do 40% do custe mensual do aluguer con carácter xeral e do 50% para persoas de 65 e máis anos

A Liña B será do 50% do custe mensual do aluguer.

As axudas poderán concederse por un período máximo de ata 3 anos e con efecto retroactivo ao 1 de xaneiro

Solicitudes e Documentación:

As solicitudes e documentación complementaria  presentaranse preferiblemente por vía electrónica no  formulario normalizado dispoñible en:

  Sede electrónica: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=VI432A

  IGVS: http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/834

Prazo de Solicitude:

O prazo de presentación de solicitudes dun mes estará aberto ata o 30 de xullo.

Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario e ao Servizo de Información Xuvenil deste Concello os luns, de 10 a 13:30 horas, e martes e venres de 9 a 13 horas.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting