Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
  
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Bandos municipais

 

Axudas Individuais para persoas con Discapacidade 2018.


19/10/2018.- BANDOS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

Infórmase á veciñanza que a Consellería de Política Social, abre o prazo de presentación de solicitudes de Axudas Individuais para a adquisición de servizos de promoción da autonomía persoal, así como a adquisición de servizos complementarios de asistencia persoal que se  realicen entre o 1 de xaneiro e o 30 de novembro de 2018, para persoas con discapacidade.

Requisitos

- Ter recoñecido un Grao de Discapacidade do 33%  ou equivalente

- Estar empadroada/o  e ter residencia nalgún concello de Galicia

- Que a renda per cápita da unidade familiar da persoa solicitante, non supere o 300 % do IPREM mensual vixente

- Que a entidade/profesional autónomo que presta o servizo de promoción da autonomía persoal figure inscrita/o, con anterioridade ao prazo de finalización de presentación de solicitudes, no RUEPSS,

Incompatibilidades

Quedan excluídas desta convocatoria as persoas beneficiarias de calquera  servizo, prestación ou recurso  derivados do Sistema para a Autonomía e Atención á Dependencia, como consecuencia da aplicación da Lei 39/2006, do 14 de decembro, de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia.

Presentación de solicitudes:

As solicitudes de participación nesta convocatoria deberán presentarse preferentemente de forma electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario/a e clave Chave365, que pode solicitar accedendo á web https://sede.xunta.gal/chave365.

Opcionalmente, tamén se poderán presentar as solicitudes en soporte papel.

O prazo de presentación de solicitudes remata o 19 de novembro.

A persoa beneficiaria deberá ter realizadas as actuacións obxecto da axuda antes do 30 de novembro e en todo caso, a data límite para presentar a xustificación será o 10 de decembro de 2018.

Documentación:

- Solicitude e anexos (procedemento BS613B)

- Declaración do conxunto de todas as axudas solicitadas e concedidas derivadas do SAAD ou outras axudas (anexo I).

-  Autorización de comprobación de datos (anexo II),

-  Copia do libro de familia, no caso de que a persoa solicitante sexa menor de idade.

-  Certificado de discapacidade, no caso de ser expedido noutra comunidade autónoma.

-  Outra específica en función do obxecto da axuda solicitada (consultar as bases).

Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, de 10 a 14 horas, e os martes e venres de 9 a 14 horas.

BASES NO DIARIO OFICIAL DE GALICIA DO 19/10/2018


 

 

 


 



Guia de Servizos do Concello

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Perfil de Contratante

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

SEDE ELECTRÓNICA

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting