26/10/2018.- NOVAS MUNICIPAIS
O Alcalde de Pontecesures mantivo unha xuntanza co vixiante da Demarcación de Carreteras do Estado en Pontevedra, dependente do Ministerio de Fomento, para trasladarlle a necesidade de melloras na pasarela que atravesa a estrada N-550 ao seu paso polo pobo e que precisa dunha reforma estructural de certa entidade.
O rexidor trasladoulle o ministerio a necesidade de melloras consistentes en reparacións tanto dos encofrados como dos pilares que a sosteñen nos que xa se aprecian sinais evidentes de deterioro e de oxidación dos forxados da estructura.
|