Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Eventos e Actividades

 

CAMPAMENTOS DE VERÁN, DEPOAVENTURA A LANZADA 2019.


Ampliar Foto...
20/03/2019.- EVENTOS E ACTIVIDADES   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

Infórmase á veciñanza que a Deputación Provincial de Pontevedra, abriu o prazo de presentación de solicitudes de praza no Programa DEPOAVENTURA A LANZADA dirixido a nenas e nenos con nacemento nos anos 2006 a 2011, destinando 20 prazas ao Concello de Pontecesures. As solicitudes presentaranse ata o 28 de marzo na Deputación Provincial.

11 QUENDAS de 7 días de duración:

Os campamentos terán lugar entre o 24 de xuño e o 7 de setembro de 2019. Realizaranse 11 quendas, de 7 días de duración cada unha, nas seguintes datas: 1ª do 23 ao 29 de xuño, 2ª do 30 de xuño ao 6 de xullo; 3ª do 7 ao 13 de xullo; 4ª do 14 ao 20 de xullo; 5ª do 21 ao 27 de xullo; 6ª do 28 de xullo ao 3 de agosto; 7ª do 4 ao 10 de agosto; 8ª do 11 ao 17 de agosto; 9ª do 18 ao 24 de agosto; 10ª do 25 ao 31 de agosto e 11ª do 1 ao 7 de setembro.

Custo:

·      Custo xeral da praza é de 100 euros por menor. As familias numerosas con acreditación terán un desconto do 20% (achega de 80€/praza).

·        Existen 4 prazas gratuítas para familias en situación de vulnerabilidade social (procedemento específico).

Presentación de solicitudes:

As solicitudes de participación nesta convocatoria deberán presentarse preferentemente de forma electrónica:

A.—Presentación de solicitudes mediante formulario web a través da páxina web da Deputación de Pontevedra (www.depo.es), cubrir os datos solicitados na páxina web, correspondentes ao modelo oficial de solicitude e premer o botón enviar e descargar e imprimir o xustificante electrónico xerado pola páxina web tras realizar o envío. Este xustificante incluirá un código único de preinscrición e debe presentarse no Rexistro da Deputación acompañado da documentación inicial. Deberá indicarse a pertenza a Familia Numerosa e, no seu caso a solicitude de praza por procedemento específico.

B.— É posible a presentación de solicitudes mediante formulario impreso o cal estará dispoñible nas Oficinas de Atención á cidadanía da Deputación.

Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social Comunitario deste Concello os luns, de 10 a 14 horas, e os martes e venres de 9 a 14 horas.

 

Descargar Documento... Bando informativo DEPOAVENTURA A LANZADA 2019.

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting