24/10/2017.- BANDOS MUNICIPAIS
BANDO
Foi solicitada polo grupo municipal do BNG de Pontecesures, por medio da súa portavoz Cecilia Tarela Barreiro, a aplicación da lei 52/2007 denominada "Lei de Memoria Histórica" e a retirada da Cruz de Primo de Rivera existente no pilón de Carreiras.
Por elo, co fin de coñecer a opinión da veciñanza sobre a retirada da devandita Cruz de Primo de Rivera, animase ós vecinos e veciñas de Carreiras a que fagan chegar a súa opinión sobre a retirada de dito símbolo, nas oficinas municipais en horario de oficina ou ben por correo electrónico dirixido ó alcalde no seguinte enderezo electrónico: alcaldia@pontecesures.org a fin de tomar unha decisión sobre o particular.
|