HISTORIA DAS FEIRAS DO AUTOMÓBIL DE OCASIÓN DE PONTECESURES
1925 – 1926 – 1950 – 1954
No ano 1925, un grupo de amigos –veciños de Pontecesures- comezaron a pensar na idea de levar a cabo unha feira do automóbil. Esta idea xurdíu ao darse conta que nas feiras de cabalos que daquela se celebraban pola zona, no medio dos cabalos expoñíase algún vehículo para a súa venta, polo tanto, si había feiras de cabalos que eran o medio de transporte da época, ¿por qué non podía haber feiras de automóbiles? que xa se empezaban a ver polas nosas rúas.
Con este pensamento os señores Eugenio Escuredo e Salvador Sierra viaxaron á cidade alemana de Leipzig, onde se celebraba unha feira destos cacharros chamados automóbiles. Cando voltaron de Alemania contaron ao resto do grupo todo o alí visto e puxéronse a traballar. O día 27 de xuño de 1925 inaugurábase a a Feira do Automóbil de Ocasión, na que está presente o primeiro automóbil que circulou por Galicia. Monumento Coche antigo 1 |
|
Durante 3 días a Feira foi é visitada por máis de 10.000 persoas. Expóñense un total de 598 vehículos e o valor de todo o material exposto supera os 5 millóns da época. Cartel da Feira de 1925 de Carlos Maside |
|
O éxito é total e ten unha gran repercusión nos medios de comunicación da época. Esta feira está recoñecida como a primeira celebrada en España destas características, nela colaboraron artistas do talle de Carlos Maside, Castelao, Oria Moreno, Granell, etc. Monumento Coche antigo 2 |
|
Na actualidade moitas rúas de Pontecesures levan os nomes daqueles que fixeron posible as feiras do automóbil de ocasión. Esta é a nosa homenaxe a todos eles, amantes dos vehículos e do seu pobo, como foron: Eugenio Escuredo, Salvador Sierra, Víctor García, Ramón Piñeiro, José Novo, Jesús Cabeza, José Sierra, Baldomero Carlés, Luís Diéguez, Luciano García, Carlos Morales, e Feliciano Touceda.
Posteriormente celebraronse 3 edicións máis desta Feira nos anos 1926, 1950 e 1954. Campo da Insua na Feira do ano 1950 |
|
No ano 1985 en conmemoración destas Feiras do Automóbil de Ocasión púxose na rúa San Lois de Pontecesures o Monumento "O Coche de Pedra", unha réplica daquel primeiro coche que circulou por Galicia. Monumento O Coche de Pedra |
|
Foto coche na Feira 2007 |
| Foto moto na Feira 2007 |
|
Foto recambios na Feira 2007 |
| Foto recambios na Feira 2007 |
|
No ano 2007 celebrouse o 15 de abril a I edición da FEIRA DO AUTOMÓBIL ANTIGO –exposición e venta-. No ano 2008 o 6 de abril. Na organización destas dúas feiras, 2007 e 2008, colaborou co Concello de Pontecesures a Asociación MIRANDOLLE OS DENTES. Para contactar con esta asociación pódese facer no seginte e-mail: mirandolleosdentes@gmail.com
Foto Feira 2008. Primeiro automóbil a gasolina que circulou por Galicia con placa PO-02 |
| Foto Feira 2008 |
| Foto Feira 2008 |
|
No ano 2009 a Feira do Automóbil celebrouse o 5 de abril.
Foto Feira 2009 |
| Foto Feira 2009 |
| Foto Feira 2009 |
|
|