Compráceme, como alcade de Pontecesures, dar a benvida a veciños e visitantes que a través desta canle virtual queren ter un punto de encontro e de intercambio dos que vivimos aquí e dos que se encontran lonxe.
A mellora e actualización constante da nosa web municipal é unha prioridade para o goberno que presido, e constitúe un xeito inestimable de conseguir unha administración máis axil e cercana ós cidadáns, asemade de artellarse como instrumento potenciador e divulgativo deste enclave provilexiado, terra con memoria e tradición, vencellada dun xeito inseparable ó noso río Ulla, á tradición xacobea a través da Ruta Xacobea do Mar de Arousa e Ulla , ó Camiño Portugués que nos atravesa, e á nosa gastronomía que ten a lamprea do Ulla, ós churreiros e pulpeiros referentes indiscutibles na gastronomía galega e nacional.
Berce de destacados persoeiros das letras, destacados artistas, intelectuais e emprendores, que souberon deixar a súa impronta no temperamento da nosa xente, quere ser tamén futuro, e mira con esperanza a novos proxectos que configuren un Pontecesures que sexa un modelo na comarca do Ulla-Umia.
Quero, novamente, dar unha calorosa benvida e lembrar o meu compromiso e o do meu goberno para conseguir un Pontecesures que encare con optimismo o seu futuro e o das súas xentes.
Juan Manuel Vidal Seage, Alcalde-Presidente do Concello de Pontecesures.