A Concelleira de Servizos Sociais é Concepción Gómez Figueira.
Os Servizos Sociais, unha aposta pola igualdade e o benestar
Os Servizos Sociais son o conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación. Lei 13/2008, do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia.
PROGRAMAS MUNICIPAIS
• Orientación, asesoramento e información
• Axuda no fogar
• Inserción Social
RECURSOS POR SECTORES DE POBOACIÓN
• Familia, Infancia e Mocidade
• Persoas maiores
• Persoas con discapacidades
• Persoas con drogodependencias
• Marxinación social
• Migracións
Os servizos sociais municipais informan, orientan e asesoran á cidadanía, aos grupos e á comunidade en xeral sobre os distintos dereitos, deberes e recursos en materia de servizos sociais, e dos procedementos que é preciso seguir para o seu exercicio.
Asimismo tramitan entre outras prestacións:
• Renda de integración social de Galicia • Emerxencia social • Tarxetas Benvida • Pensións non contributivas • Prestacións do sistema de promoción da autonomía persoal e atención ás persoas en situación de dependencia • Acceso aos programas e equipamentos dos servizos sociais de atención primaria
Educadora social
Proporciona axuda e información sobre asuntos relacionados con menores, inmigrantes, maiores, discapacitados, familias... que se podan encontrar en situación de necesidade ou desamparo.
Onde dirixirse?
A concellería de Servizos Sociais do Concello de Pontecesures.
Teléfono da Escola Infantil Municipal: 986 557 623
|