Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
    
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Bandos municipais

 

BENESTAR EN BALNEARIOS 2019.


Ampliar Foto...
03/04/2019.- BANDOS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

Informase ás veciñas e veciños que a Consellería de Política Social ven de abrir o prazo de solicitude
para o Programa “Benestar en Balnearios” 2019.

Persoas beneficiarias e requisitos:
- Ser maior de 60 anos, ou pensionista maior de 55 anos
- Residir e ter empadroamento na CA de Galicia
- Valerse por si mesma/o para as actividades da vida diaria
- Non padecer enfermidade infecto-contaxiosa en fase activa, nin trastornos mentais condutuais non
compensados, que poidan alterar a normal convivencia
- Precisar os tratamentos termais solicitados

A persoa solicitante poderá ir acompañada da súa ou do seu cónxuxe ou persoa con análoga relación de
convivencia, sempre que cumpra os requisitos citados anteriormente
Tamén poderán participar as/os fillas/os ou persoas tuteladas polas persoas solicitantes que teñan un
grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, sempre que non precisen de apoio de terceira persoa e
se despracen con autonomía, compartan o cuarto coas persoas proxenitoras e cumpran os requisitos
citados anteriormente

Datas:
Quendas de 10 días (9 noites) entre os meses de maio e outubro

Prezos:
Réxime de “Pensión completa” en habitacións dobres de uso compartido , entre 287,50€ e 361€
O desprazamento desde o domicilio ata o establecemento termal así coma o de regreso será por conta
das persoas participantes

Balnearios:
Acuña (Caldas), Arnoia, Augas Santas (Ferreira de Pantón), Baños de Brea (Vila de Cruces), Baños de
Molgas, Caldelas de Tui, Carballiño, Carballo, Cuntis, Laias (Cenlle) , Lobios, Río Pambre (Palas de Rei),
Termas de Lugo e Termas de Mondariz (Mondariz Balneario)

Documentación:
- Solicitude, na que se cubrirán todos os datos requiridos, tanto da persoa solicitante como da/o
cónxuxe ou acompañante cando proceda.
- Fotocopia do DNI da persoa solicitante e da/o cónxuxe ou acompañante se procede
- Copia do libro de familia ou do documento acreditativo da tutela, no caso de que a persoa solicitante
queira acudir ao programa acompañada dun/dunha fillo/a ou tutelado/a
- Declaración responsable do estado de saúde da/o solicitante e a do cónxuxe ou acompañante se
procede, no apartado incluído na solicitude.
- Copia da declaración do imposto da renda das persoas físicas correspondente ao último período en
que se presente a solicitude
- Certificado do grao de discapacidade do/da fillo/a ou tutelado/a pola persoa solicitante
No caso de que dúas persoas queiran acudir xuntas ao mesmo destino e quenda, presentarán unha
única solicitude, para a súa baremación conxunta.

Prazo de Solicitude: ata o 2 de MAIO

Para máis Información e presentación de solicitudes poden dirixirse ao Servizo Social
Comunitario deste Concello os luns, de 10 a 14 horas, e martes e venres de 9 a 14 horas (TEL.
986 564 409, email: ssociais@pontecesures.org).



 

Descargar Documento... BANDO BENESTAR EN BALNEARIOS 2019
Descargar Documento... FOLLETO BENESTAR EN BALNEARIOS 2019

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting