19/02/2020.- NOVAS MUNICIPAIS
Aprobado inicialmente, por acordo do Pleno municipal de data 27 de xaneiro de 2020, o Plan de Prevención e Defensa contra incendios forestais do Concello de Pontecesures, redactado pola Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (SEAGA), sométese a información pública por prazo de vinte días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Boletín Oficial da Provincia, expoñéndose tamén no Taboleiro de anuncios e na paxina Web do Concello (www.pontecesures.org), co fin de que durante o devandito prazo poida ser examinado e formular as alegacións e/ou suxerencias que se estimen pertinentes polos que se consideren interesados.
|