Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
    
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

O Concello de Pontecesures fai un chamamento á colaboración social e á solidariedade veciñal para a detección de persoas en situación de vulnerabilidade e con necesidade de atención domiciliaria.


Ampliar Foto...
17/03/2020.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

Co obxectivo de previr situacións de  desatención de persoas de especial vulnerabilidade (persoas maiores, persoas con dependencia ou discapacidade, persoas en situación de enfermidade que vivan soas e carezan dunha rede básica persoal e/ou familiar de apoio) PREGAMOS Á CIDADANÍA que  COMUNIQUE A SITUACIÓN  aos Servizos Sociais Municipais chamando aos teléfonos 986 564 409 ou aos teléfonos 986 557 251 -  986 556 415 de 9 a 14 horas, ou remitir un correo electrónico a ssociais@pontecesures.org ou a concello@pontecesures.org aos efectos de que a traballadora social realice a valoracións social da situación e se articulen os apoios para evitar o agravamento da situación destas persoas.

Como sociedade debemos estar alerta e cooperar para evitar a a aparición de comportamentos sociais irresponsables (saír do domicilio se non é imprescindible polas causas autorizadas), ou actitudes e comportamentos de segregación ou que atenten contra os dereitos ou a dignidade das persoas. Debemos cumprir en todo momento as indicacións: reducir o contacto social ao mínimo, non achegarse a menos de 1 metro a outras persoas, lavar as mans con auga e xabón varias veces ao día, evitar tocar a cara coas mans, e non saír do domicilio se non é imprescindible. Chamar ao 900 400 116 se ten tose, febre e sensación de falta de aire. No caso de ter contraído a enfermidade cumprir estritamente as indicacións para evitar novos contaxios.

Agardamos que coa colaboración de todas e todos a situación se normalice canto antes.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting