22/07/2020.- EVENTOS E ACTIVIDADES
O Concello de Pontecesures ven de ser seleccionado pola Deputación de Pontevedra como un dos 25 concellos da provincia participantes no programa "Mulleres en acción: Violencia zero".
A acción que se vai levar a cabo consiste na realización dun graffitti-mural no que a artista, Laura Tova, representará a peza "Koré" onde a arte contemporánea torna en axente mobilizador de conciencias en prol da igualdade e o empoderamento feminino.
A presentación da obra será o próximo xoves 6 de agosto ás 11 horas no Castro.
Sementa igualdade + cultiva cultura = Recolle cambio
|