| 17/09/2020.- NOVAS MUNICIPAIS
      
 Dende o goberno municipal infórmase que nestos días levaronse a cabo probas do COVID-19  a todo o persoal do concello, tendo como resultado un único positivo.  En tanto non se determine definitivamente si estamos ante un positivo definitivo ou un falso positivo, á espera da realización do PCR, como medida preventiva pecharanse as oficinas municipais da Casa do Concello na xornada o venres 18 de setembro, non  habendo, polo tanto, atención ao público. Este peche poderá prolongarse ata o luns 21 de setembro ou máis alá dependendo dos resultados do PCR.  |