03/11/2020.- NOVAS MUNICIPAIS
Nesta mesma semana comezarán as obras de renovación e mellora da rede xeral de abastecemento do concello de Pontecesures na parte alta do barrio de Condide e que consistirán na mellora da conexión da rede de abastecemento de auga dende a ETAP ata a Rúa Doctor Mosquera.
Estas obras teñen un orzamento de 38.720,48 € e serán financiadas pola Dirección Xeral de Administración Local da Xunta de Galicia, cunha subvención de 30.976,38 € (con cargo ás axudas do Fondo de Compensación Ambiental 2020 PR483C), e pola Deputación de Pontevedra, cunha axuda de 7.744,10 € con cargo á liña I do Plan Concellos 2020.
|