13/04/2020.- NOVAS MUNICIPAIS
Ao abeiro das Axudas "PARA O FINANCIAMENTO EXTRAORDINARIO, CON OCASIÓN DA DECLARACIÓN DO ESTADO DE ALARMA, PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS BÁSICOS DE EMERXENCIA PARA OS CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES PARA O ANO 2020", a Deputación de Pontevedra concedeu ao Concello de Pontecesures subvención, por importe de 15.240 €.
Estas axudas serán destinadas a atención a persoas maiores que viven soas, atención a persoas e situación de vulnerabilidade, desinfección de dependencias municipais e para outros cometidos que se axusten a esta convocatoria.
|