Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

OBRAS DE MELLORA DO CAMIÑO DE ACCESO A GROBAS.


Ampliar Foto...
07/10/2021.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

O Concello de Pontecesures está executando as “Obras de Mellora do camino de Acceso a Grobas”.

Esta actuación consiste nunha actuación integral de mellora do antedito viario, no tramo que se atopa en peor estado, que é o que vai desde o inicio do mesmo na PO-214 ata Grobas.

Actualmente os camiño contan cun pavimento de aglomerado asfáltico e unha sección constante de 5,80 metros, agás no enlace coa PO-214, onde se amplía a sección ata os 10 metros.

O firme presenta un estado batante heteroxéneo, pero atópase en xeral bastante deteriorado polo intenso uso e pola forte pendente, con moitas zonas nas que o pavimento asfáltico está agrietado e desagregado, chegando a formarse fochancas nos puntos máis conflitivos.

O viario necesita, ademais dunha renovación da súa capa de rodadura, dunha limpeza de marxes, tanto por cuestión de seguranza do tráfico (rodado e peonil) como para mellorar a durabilidade do asfalto.

As obras executadas para a mellora da súa pavimentación son as seguintes:

- Limpeza de marxes

- Fresado de 5 cm do aglomerado asfáltico actual nos enlaces

- Varrido do firme actual por medios mecánicos

- Rego de adherencia

- Capa de 6 cm de MBC tipo AC16 surf D-12

- Marca vial continua mediante pintura reflexiva con microesferas de vidro.

Esta obra foi adxudicada á empresa Nemesio Ordóñez S.A. por un importe de 30.960,28€ dos que 25.587,01€ son financiados pola Xunta de Galicia a través do AGADER e 5.373,27€ pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2021 Liña 1.

 

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting