Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
    
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

REMATE DAS OBRAS DE “MELLORA NO PARQUE INFANTIL VICENTE MOURE” E “ACONDICIONAMENTO E MELLORA DA E.T.A.P.”


Ampliar Foto...
24/11/2021.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

Remataron as Obras de

1)      Mellora no parque infantil Vicente Moure.

Co fin de mellorar a imaxe e, sobre todo, a seguridade e a funcionalidade do parque, nas zonas de seguridade dos xogos existente, foi substituido o pavimento de losetas perforadas por un pavimento continuo de caucho anticaídas, en dous espesores, 80 mm e 50 mm. O primeiro deles previsto para a correcta absorción de caídas de ata 2 metros de altura, e, polo tanto, colocado entorno aos xogos de maiores dimensións, e o de 50 mm para caídas de ata 1,50 metros, entorno aos xogos máis pequenos.

Ademais do anterior, completouse o chan entorno a zona de xogos mediante un pavimento terrizo de xabre compactado, adecuado ao carácter natural que ten todo o parque.

Os dous pavimentos delimitáronse mediante unha pletina de aceiro cortén.

A obra foi adxudicada á empresa Construcciones y Reformas 3 Torres 2010 S.L. por un importe de 48.036,40€ dos que 33.625,48€ son financiados pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, 9.607,28€ financiados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2021 e 4.803,64€ por fondos propios do Concello.

1)       Acondicionamento e Mellora da E.T.A.P.

Despois da avaliación in situ do estado actual, acometéronse as seguintes operacións:

Para o acondicionamento e optimización do sistema de filtración:

·          Baleirado do leito filtrante existente e recheo con novo material filtrante de area de Sílice, típico dos filtros de presión rápida.

·          Renovación das boquillas existentes no interior dos tanques de filtración mediante novas boquillas de filtro de plástico/polipropileno verticais ou de mango longo.

·          Renovación de todas as válvulas pneumáticas que compoñen o sistema de control actual de Filtración.

·          Renovación do compresor existente cun compresor de aire de pistón de polo menos 11 bar de presión.

·          Renovación total do cadro de control da electroválvula con armario de poliéster xunto cun novo cadro de control eléctrico equipado e panel con infografía esquema con circuítos e teclados.

Para mellorar o proceso de cloración:

·         Instalación dun depósito cilíndrico de polietileno lineal anti-UV e 1.000 l de capacidade de almacenamento de hipoclorito subministrado en tanque.

·         Instalación de equipamento dosificador de hipoclorito consistente nunha bomba dosificadora diafragma con caudal constante e presión máxima de 10 bar, incluíndo tubos necesarios para a conducción ata a entrada do depósito.

 A obra foi adxudicada á empresa Espina Obras Hidráulicas S.A.por un importe de 37.510,00€ dos que 28.132,50€ son financiados pola Xunta de Galicia a través da Consellería de Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo a través do Fondo de Compensación Ambiental, 7.501,99€ financiados pola Deputación de Pontevedra a través do Plan Concellos 2021 e 1.875,51€  por fondos propios do Concello.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting