Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
   
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

REINVERSIÓN DAS BAIXAS DO POS 2020


31/08/2022.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
O concello de Pontecesures ven de rematar dúas actuacións solicitadas á Deputación de Pontevedra derivadas da Reinversión das Baixas das obras realizadas no Plan Concellos 2020 da Deputación de Pontevedra.

1.       Levantamentos topográficos en diversos espazos públicos de Pontecesures

Para o exercicio das súas competencias en materia de mobilidade urbana e de conservación de espazos públicos, o Concello de Pontecesures formula e executa periodicamente proxectos de intervención nas rúas, prazas e zonas verdes do municipio.

Tendo en conta futuras previsións para a realización deste tipo obras, o concello precisa contar  con medicións detalladas de certos ámbitos de intervención, para que sirvan como base para a realización dos proxectos.

Prevese neste momento encargar a medicións de tres zonas:

-              Miradoiro do Galiñeiro e zonas adxacentes

-              Camiño do Regadío

-              Praza dos Valeiros e inicio da avda. dos Namorados

Esta actuación foi adxudicada á empresa TODOPEL por un importe de 4.840,00 € dos que 4.142,56€ son financiados pola Deputación de Pontevedra e 697,44€ con fondos propios do Concello.

2.       Instalacion dun tabique mobil no semisoto da casa do concello

O edificio do concello de Pontecesures conta na súa planta semisoto cunha gran sala multiusos, un despacho independente e un aseo adaptado. Atópase nun moi bo estado de conservación posto que se veñen de realizar este mesmo ano obras de mellora na climatización e pavimento asi como a instalación de falso teito.

O concello pretende mellorar a distribución mediante a instalación dun tabique mobil que cando esté pechado divida a sala en dúas completamente independentes y cando estea aberto sexa un espazo diafano. De esta forma poderánse ampliar os usos posibles das instalacións. Na actualidade as medidas da sala multiusos poderían permitir a realización de diferentes actividades ao mesmo tempo pero carece de tabiques que podan separalas tanto física como acusticamente.

Esta obra foi adxudicada á empresa Aceroffice SL  pola cantidade de 12.392,70€ financiados pola Deputación de Pontevedra

 

 

 


 



Guia de Servizos do Concello

Piscina Municipal

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Perfil de Contratante

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

SEDE ELECTRÓNICA

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting