25/11/2022.- NOVAS MUNICIPAIS 
Estas contratacións serviron para crear un servizo complementario, durante uns meses, de conservación e funcionamento dos bens e servizos municipais. As persoas desempregadas que se contrataron desenvolveron tarefas e actividades concretas que ven incrementada a súa demanda debido á estacionalidade (maior demanda de servizos de xardinería na primavera e verán pola climatoloxía que provoca un maior crecemento da vexetación e necesidade de atender a reparacións diversas nestas épocas debido ao bo tempo).
Os postos solicitados respostan a necesidades de persoal urxentes e inaprazables, trátase de categorías profesionais relacionadas cos servizos mínimos municipais ou obras esenciais e que á súa vez xeran oportunidades de emprego.
Principais tarefas a desenvolver neste servizo:
Os diferentes perfís que se pretenden contratar encargaríanse principalmente das seguintes tarefas:
- 1 Arquitecto/a técnico/a: Este concello precisa mellorar o funcionamento administrativo da nosa oficina técnica de urbanismo, que conta cun arquitecto contratado 3 días á semana. Con esta xornada ten que repartila en diversos aspecto: entre a atención ó público, elaboración de proxectos de obras para o concello (para presentar ante outros organismos, para acadar subvencións, etc), polo que a tarefa administrativa de concesión de licencias de obras e permisos está moi atrasada. A contratación deste arquitecto/a técnico/a servirá para axilizar a concesión de licenzas e demais trámites administrativos pendentes de conceder aos veciños/as e demais solicitantes particulares.
- 3 Peóns de obras públicas: Realizarán tarefas de mantemento e reparación de desperfectos nos distintos edificios públicos municipais; casa consistorial, bibliotecas, pavillón de deportes, colexio, reparación de beirarrúas e prazas etc.
- 2 Auxiliares de xardinaría: Van realizar función de mantemento e limpeza de xardíns, parques públicos e zonas verdes urbanas e beirarrúas dos camiños municipais.
- 3 Limpadores/as de edificios municipais: REFORZARÁN O SERVIZO DE LIMPEZA DE EDIFICIOS PÚBLICOS MUNICIPAIS.
Todas estas tarefas están integradas dentro dos servizos mínimos de competencia municipal que establece o artigo 25 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e son de interese xeral e social.
|