Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

A Xunta moderniza a rede de abastecemento de auga de Pontecesures con novas canalizacións desde os mananciais de Grobas


Ampliar Foto...
30/12/2022.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
A Xunta de Galicia, a través de Augas de Galicia, vén de modernizar a rede de abastecemento municipal de auga do Concello de Pontecesures coa construción de novas canalizacións dende os mananciais de Grobas. O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, e o alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal, supervisaron esta mañá unha actuación que supuxo un investimento de case 50.000 euros por parte deste departamento pertencente á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.

“O Goberno galego colabora, como non podía ser doutro xeito, co Concello de Pontecesures nunha competencia municipal na que se acometeu unha mellora que supón aforro de cartos, incremento da eficiencia e, o máis importante, garante a dispoñibilidade e calidade do subministro de auga aos veciños, porque cómpre non esquecer que ante a ameaza de seca que vivimos intensamente este verán, malia a choiva destes días, hai que ser previsores”, sinalou o representante autonómico.

Un punto no que incidiu Vidal Seage, quen enmarcou estas actuacións “na aposta do Concello de Pontecesures por mellorar a xestión do ciclo integral da auga no municipio. Xa fixemos melloras na potabilizadora e agora seguimos mellorando a captación de auga destes 26 mananciais de cara a garantir o subministro á veciñanza en calidade e cantidade”.

Novas canalizacións

A actuación enmarcada no proxecto de Recuperación de Mananciais de Abastecemento de Auga de Pontecesures consistiu na construción de novas canalizacións de PVC cun groso suficiente de 160 milímetros para captar e transportar auga dende a zona de Grobas ata as infraestruturas hidráulicas municipais e garantir o consumo dos máis de 3.000 veciños de Pontecesures.

Deste xeito, acometeuse unha nova condución de 1.485 metros de lonxitude, dividida en dous tramos de 240 e 1.245 metros, respectivamente, que discorre de xeito paralelo á preexistente e que serve para substituíla. A rede anterior era de fibrocemento, o que podería ocasionar no futuro problemas de salubridade, e ademais presentaba avarías constantes dada a súa antigüidade. As novas canalizacións tamén contan con todos os elementos de seguridade precisos, como ventosas, desaugues e válvulas para unha axeitada explotación e mantemento da rede que, ademais, favoreza a preservación e restauración dos ecosistemas vencellados ás augas dos montes de Pontecesures.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting