|  | 
 
                            
                                | Actualidade » Eventos e Actividades |  
                                |  |  
                                | A deputación de Pontevedra organiza os campamentos de verán "Depo Aventura A Lanzada 2023"
 |  
                                | 31/01/2023.- EVENTOS E ACTIVIDADES
      Hai 1.540 prazas das que 15 están reservadas para rapazada do Concello de Pontecesures.
 
 O prazo de inscrición é do 31 de xaneiro ao 28 de febreiro (20 días hábiles), a documentación débese de entregar a través da sede electrónica provincial: www.sepe.depo.gal
 
 O prezo das quendas é de 110€ por praza e 80€ en caso de familia numerosa ou monoparental. As quendas terán lugar do 25 de Xuño ao 3 de Setembro.
 
 O programa inclúe aloxamento con pensión completa en tendas de campaña, material para realización de actividades de lecer e deporte, saídas educativas e seguro de accidentes e atención sanitaria de primeiros auxilios.
 
 Deseñado para promover a igualdade de xénero, a inclusión, a aprendizaxe de inglés, a cultura, o deporte, o respecto pola natureza, e o coñecemento multicultural. As actividades inclúen xogos, deportes, actividades náuticas, praia, arte, teatro, bailes…
 
 Apúrate e inscríbete!
 |  
                                |  |  
                                | 
 |  
                                |  |  
                                | 
 |  
                                |  |  
 | 
 
  
 
  
 
  
 
  
 
  
 
 .JPG) 
 
 .jpg) 
 
 .png) 
 
 .jpg) 
 
  
 
  
 
  
 
 .jpg) 
 
  
 
  
 
  
 
 .jpg) 
 
  
 
  
 
 .jpg) 
 
 .jpg) 
 
 .jpg) 
 
  
 
 .gif) 
 |