Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

A Xunta colabora co Concello de Pontecesures nun plan para mellorar o saneamento no municipio e resolver o 90% dos vertidos ao río Ulla cun investimento de 390.000 euros


Ampliar Foto...
21/02/2023.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
A Xunta colabora co Concello de Pontecesures nun plan de actuación para mellorar o saneamento do municipio e eliminar o 90% dos vertidos ao río Ulla cun investimento de 390.000 euros. A conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, xunto co alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal, e a directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, presentou hoxe o conxunto de actuacións deseñadas para axudar ao Concello nas súas competencias municipais de saneamento e depuración.

Juan Manuel Vidal explicou que “Pontecesures e o río Ulla son un binomio inseparable e leva sendo así milleiros de anos. Este proxecto supón para Pontecesures un tema capital en canto a que se pon remate a unha eiva que levamos décadas arrastrando. Con este proxecto o que intentamos é poñer solución á separación de pluviais e fecais”. Así, insistiu en que “queremos ser o máis proactivos posible para manter no mellor estado o río Ulla pola súa importancia en canto a motor económico para a pesca e o turismo senón tamén como punto de partida cara a ría de Arousa”, polo que cualificou este acordo como “un feito histórico”.

Así mesmo, o alcalde agradeceu a sensibilidade da Xunta e Augas de Galicia coas propostas do Concello de Pontecesures. “Ten unha importancia capital porque levamos moitos anos tratando de poñer freo a isto e non só con pedagoxía se soluciona, tamén hai que facer inversións. A corto prazo, este proxecto vai a supoñer a eliminación do 90% dos vertidos ao río Ulla, aínda que eu diría que podemos chegar á totalidade porque o que quedaría poderemos facelo de xeito sinxelo dende o Concello”, adiantou Vidal Seage, quen insistiu en que esta actuación “suporá un compromiso do Concello de Pontecesures cos seus veciños e cos veciños da ría de Arousa, que verán como a calidade das augas do noso río Ulla mellora de xeito considerable con estas inversións”.

Atallar vertidos

Ethel Vázquez explicou que Augas de Galicia realizou un estudo da rede de saneamento municipal nas concas dos regos Chancelas e Carreiras co obxectivo de detectar os problemas actuais e definir as intervencións precisas para atallar os vertidos ao Ulla. Detallou que este estudo permitiu localizar as zonas máis conflitivas da rede, inventariar a parte de conducións máis descoñecida, inspeccionar o seu estado e ter unha idea cuantitativa do caudal que poderían aportar á depuradora as conexións necesarias para evitar os vertidos co fin de verificar que a EDAR ten capacidade suficiente para o seu correcto tratamento.

Despois destes primeiros traballos, definiuse e activouse un plan de actuacións que recolle dúas intervencións prioritarias: unha primeira na zona de Carreiras para tratar de evitar os vertidos ao rego Carreiras e outra na zona da avenida dos Namorados e do Porto de Arriba. Segundo se vaia dispoñendo dos documentos supervisados, licitaranse as obras, asinando un acordo co Concello para o financiamento, comprometéndose a Xunta a achegar o 80% do custo.

Actuacións a realizar

No caso da primeira actuación, na zona de Carreiras, a titular de Infraestruturas indicou que será preciso executar un colector desde o núcleo ata o punto de conexión. Para cruzar o Camiño do Regadío prevese a execución dun colector mediante perforación horizontal dirixida, para salvar a diferencia de cota e as afeccións ao Camiño de Santiago. Deste xeito a zona de Carreiras enlazaría coa rede actual ata o bombeo da Telleira, conectando á rede de saneamento 54 vivendas. Apuntou que Augas de Galicia traballará agora no proxecto construtivo desta intervención, que supón un investimento de case 172.000 €, co obxectivo de telo listo para iniciar a contratación das obras a finais de ano.

Ethel Vázquez explicou que a segunda actuación prioritaria que arroxa o estudo previo é a correspondente coa zona da avenida dos Namorados e do Porto de Arriba. Neste caso, durante as conversacións co Concello indicaron a posibilidade de habilitar nun futuro próximo unha senda paralela á vía de tren desde a praza Valeiros ata o bombeo da Telleira.

Precisou que nesa zona se vai acometer un colector de gravidade baixo a senda que capte as augas procedentes tanto do Porto de Arriba como do ramal da avenida dos Namorados. Para o cruce da vía do tren proponse unha perforación horizontal dirixida. O colector enviará os caudais desde a praza ata o bombeo da Telleira.

Esta actuación permitirá eliminar o vertido ao rego de Carreiras, levando ata o bombeo de Telleiro e logo á depuradora os caudais xerados por 140 vivendas de Porto de Arriba e da avenida dos Namorados. A previsión é licitar a finais de ano a redacción do proxecto construtivo para logo impulsar estas obras, cun orzamento de 219.000€. O estudo realizado recolle, ademais, outras actuacións de menor envergadura que pode executar directamente o Concello e permitirán sanear a totalidade das concas dos citados regos.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting