Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Eventos e Actividades

 

A XXV Festa da Lamprea do Ulla terá lugar o 25 e 26 de marzo en Pontecesures


Ampliar Foto...
24/02/2023.- EVENTOS E ACTIVIDADES   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
Pontecesures acollerá na fin de semana do 25 e 26 de marzo a XXV Festa da Lamprea do Ulla, “coincidindo como é tradición coa celebración do San Lázaro”, apuntou esta mañá o alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, durante a presentación da programación deste ano. “Intentamos darlle un novo pulo á Festa da Lamprea do Ulla e ir máis aló: degustala na súa presentación máis tradicional, que é á bordelesa, e tamén abrir un abano de posibilidades para que a xente que aínda é reticente a degustar este peixe entre nesa dinámica”.

Por esa razón, o Concello de Pontecesures ten previsto organizar un menú degustación, que incluirá tres presentacións: á bordelesa, en empanada e en escabeche. “Tentaremos facer o máximo número de racións co ano pasado, calculamos unhas 500. Pero coas capturas que hai a día de hoxe sería inviable. Eu son optimista e creo que aínda queda un mes para reverter a situación e que a XXV edición da Festa da Lamprea estea á altura do seu prestixio”, apuntou o alcalde de Pontecesures.

Juan Manuel Vidal amosou a súa preocupación polo baixo número de capturas de lamprea non só no río Ulla, senón tamén en Arbo e no Miño. “Confeso que estamos nun compás de espera porque vemos que as capturas non están acompañando o que se prevía. Agardabamos que este sería un ano, polas condicións climatolóxicas e o caudal que trae o ría Ulla, pero a data de hoxe non está habendo un ritmo abultado de capturas. “Máis ben escasea en todas as zonas de captura de lamprea. Agardamos que esta situación se reverta máis pronto ca tarde e teñamos unha materia prima de calidade a tempo para levala a cabo.”, alcalde.

A XXXV Festa da Lamprea do Ulla terá lugar nunha carpa instalada a carón do peirao de Pontecesures, coa actriz Isabel Blanco como pregoeira. O Concello de Pontecesures agarda que o prezo sexa de 30 euros por menú e bebida, “pero ao mellor hai que reformulalo porque non é o mesmo que a lamprea estea a 25 euros que aos 60 de agora”, alertou Vidal Seage. Os tickets compraranse na propia carpa, onde todos os elementos que se empreguen serán reciclables.

Tapea lamprea

A escaseza de peixe pon tamén en dúbida a data de celebración dunha nova edición do Tapea Lamprea. “A hostalería está tendo reunións estes días para tratar de reeditar o Tapea Lamprea, como xeito de abrir o apetito a esa Festa da Lamprea”, explicou o alcalde, quen advertiu que “certo é que a escaseza de captura e os prezos astronómicos farían imposible reeditalo a día de hoxe. Agardemos que iso mellore porque se barallaba un prezo de 3 ou 4 euros por tapa pero co volume actual de capturas e os prezos de agora teriamos dificultades para celebralo co volume de capturas actual”. De feito, durante o Tapea Lamprea consúmese máis peixe que na propia Festa da Lamprea. O Concello traballa con dúas posibilidades: do 10 ao 12 de marzo ou do 3 ao 5 de abril

A maiores, o Concello de Pontecesures traballa no peche de varias actividades complementarias, como un show cooking da lamprea e actividades dirixidas á cativada, “que non está familiarizada coa súa pesca, nin coas artes de pesca”, apunta Vidal Seage.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting