Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
     
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

O Concello de Pontecesures inicia un plan especial de limpeza e saneamento de máis de 2 quilómetros de rúas do casco urbano


Ampliar Foto...
02/03/2021.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
O Concello de Pontecesures iniciou hoxe xoves 2 de marzo un plan especial de limpeza e saneamento viario das rúas do seu casco urbano. O alcalde, Juan Manuel Vidal Seage, explica que “nesta primeira fase imos actuar sobre as rúas con máis intensidade de tránsito de peóns e sobre aquelas que teñen un carácter máis comercial. Despois iremos limpando o resto das rúas adxacentes”.

Así, as tarefas de limpeza acometeranse na rúa central de Pontecesures: dende Portarraxoi ata a rúa Víctor García, pasando polas rúas Lois e Sagasta ata completar un total de 1.040 metros. Segundo vaian avanzando pola rúa central, as actuacións de limpeza estenderanse a zonas adxacentes como as travesías da Bandeira, da Feira do Automóbil e do Muelle ou as rúas Patifas, Otero Acevedo, San Lázaro, Nova, Rosalía de Castro, Castelao e Carlos Bóveda. Completarase a actuación coa limpeza da rúa a carón de Correos e detrás da piscina do Náutico, ata sumar un total de 2.069 metros de beirarrúas. Hoxe comezouse en Portarraxói e a travesía da Bandeira.

A limpeza acométese con medios manuais e mecánicos, incluída unha hidrolavadora con auga a presión, coa que se realizarán tarefas de barrido, baldeo e hidrolimpeza das beirarrúas, paseos, zonas peonís, alcorques e contornas dos contedores do lixo. “Farase especial fincapé na eliminación do verdín para evitar esvaróns e mellorarase de forma significativa a hixiene das rúas do casco urbano de Pontecesures”, sinala Vidal Seage, quen adianta que “despois poremos en marcha unha campaña especial de sensibilización entre a veciñanza para que nos axuden a manter limpas as rúas, tanto de lixo como de deposicións dos animais”.

Restricións de aparcamento

Durante a execución dos traballos, o Departamento de Vixilancia e Seguridade-Tráfico do Concello de Pontecesures recomenda non estacionar os vehículos nos tramos das rúas nos que estea sinalizado a realización dos traballos de limpeza. A razón é que a limpeza con auga a presión pode causar danos nos vehículos ao arrincar materiais que levan anos adheridos ás beirarrúas. Unha sinalización que se irá desprazando polos distintos tramos da rúa central entre Portarraxoi e Víctor García de acordo ao avance dos traballos.

Esta actuación especial vén complementar os labores de limpeza de todo o sistema viario por parte de persoal municipal que, en quendas distribuídas de luns a domingo barren as rúas e prazas do termo municipal.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting