Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
    
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

O Concello de Pontecesures recibirá 45.000 euros da Xunta ao abeiro do Plan de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024


Ampliar Foto...
14/03/2023.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
A Xunta de Galicia, a través da Consellería do Medio Rural, destina unha achega de 802.956 euros a prol dos quince concellos das bisbarras do Salnés e de Caldas ao abeiro do Plan Marco de Mellora de Camiños Rurais 2023-2024. Así o asegurou esta mañá o delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Luis López, durante unha visita a Pontecesures, onde supervisou as obras realizadas no viario entre as aldeas de Fenteira e Grobas grazas aos fondos concedidos coa anterior convocatoria.

Unha visita na que estivo acompañado polo alcalde, Juan Manuel Vidal, e outros representantes municipais aos que confirmou que a dotación deste programa para Pontecesures sitúase este ano en 45.491 euros, o que supón un lixeiro incremento con respecto ao exercicio precedente. Uns cartos que o Concello de Pontecesures investirá “en darlle continuidade a ese camiño e na mellora da capa de rodadura doutros tramos de viarios que se atopan bastante deteriorados”, adiantoulle Vidal Seage.

As obras de pavimentación do camiño entre os núcleos rurais de Fenteira e Grobas foron executadas coa achega íntegra de máis de 45.000 euros do Plan Marco 2022-2023. Supuxeron a mellora da capa de rodaxe desta pista, de 450 metros de longo por 3,5 metros de ancho, onde se repararon as fochancas e se aplicou unha nova capa de rodaxe de seis centímetros de asfaltado en quente. Así mesmo, construíuse unha cuneta de seguridade de 300 metros en formigón, baixo a cal se canalizou unha tubaxe e dez arquetas con sumidoiro para a recollida das augas pluviais.

José Manuel Vidal destacou que “con esta actuación incrementamos a seguridade viaria dos veciños e veciñas xa que, ademais de mellorar o firme do camiño para os condutores, construímos unha cuneta de seguridade que facilita tamén o tránsito de peóns pola zona”. Pontecesures recibiu nos dous últimos anos, ao abeiro deste programa da Consellería do Medio Rural e doutros plans para a mellora de infraestruturas rurais, preto de 100.000 euros que lle permitiron actuar en pistas de uso rural e agrícola en Toxa, Rial e Pontecesures.

Plan de mellora de camiños rurais 2023-2024

“A Xunta prevé inxectar máis de 800.000 euros nestas bisbarras para a mellora das súas pistas municipais de uso agrícola, algo que é fundamental para axudarlles a facilitar a súa mobilidade interna e tamén a destinada a estas tarefas do campo. Ademais, a aposta pola colaboración cos concellos volve saír reforzada, posto que se consolida o forte incremento de entre o 20% e o 30% aplicado o ano anterior”, sinalou o representante autonómico.

En concreto, a resolución da Consellería do Medio Rural destina 453.659 euros para a comarca arousá, que se distribúen en 58.273 euros para o Concello de Meis, 54.351 euros para Vilagarcía de Arousa, 53.489 euros para Sanxenxo, 52.114 euros para Ribadumia, 49.098 euros para Meaño, 48.863 euros para Cambados, 46.981 euros para O Grove, 45.570 euros para A Illa de Arousa e 44.920 euros para Vilanova de Arousa.

Respecto á bisbarra de Caldas, que recibirá globalmente 349.297 euros, o reparto de fondos do Plan de Mellora de Camiños Rurais outorga 56.513 euros ao Concello de Cuntis, 55.773 euros a Caldas de Reis, 54.205 euros a Portas, 49.020 euros a Valga, 46.746 euros para Catoira, os citados 45.491 euros para Pontecesures e 41.549 euros a Moraña.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting