|
Actualidade » Novas Municipais
|
|
Pontecesures recibe a “Distinción Ágora” pola seu traballo para gañar espazo público para desfrute das persoas nos tres últimos anos |
30/03/2023.- NOVAS MUNICIPAIS O Concello de Pontecesures vén de recibir a “Distinción Ágora” polo seu traballo realizado nos tres últimos anos para gañar espazo público para desfrute dos seus veciños e veciñas. Un galardón que foi recollido polo alcalde, Juan Manuel Vidal Seage, no marco dunhas xornadas organizadas pola Deputación Provincial de Pontevedra.
O Concello de Pontecesures recibiu esta distinción por actuacións como as realizadas nas rúas do Castro e Infesta, que transformaron o Camiño de Santiago ao seu paso polo centro urbano de Pontecesures nun espazo seguro e da máxima calidade, ou a recuperación do espazo público cara a ría, cunha importante actuación de humanización que converteu esta zona nun punto de encontro da veciñanza e nun exemplo de mobilidade segura e sostible a nivel provincial, ademais de promover a dinamización social, económica, cultural, deportiva e de ocio nesta zona de máis de 3.000 metros cadrados.
O acto de celebración dos tres anos da Rede Ágora contou coa presenza de máis de 140 persoas, representantes de concellos e persoal técnico. Un acto no que se presentou o libro que recolle os resultados das conferencias da Facultade Ágora de 2021 e no que se entregaron as “Distincións Ágora” aos concellos adheridos á rede en recoñecemento ás súas boas prácticas.
En toda a provincia, cando estean rematados todos os proxectos previstos, teranse transformado máis de 620.000 metros cadrados de espazo público, dos que 340.000 serán gañados para as persoas restándollos aos vehículos. Isto supón multiplicar por cinco o espazo público existente na actualidade para ser desfrutado pola veciñanza.
|
|
|
|
|
|
|
|