30/03/2023.- PRAZOS E CONVOCATORIAS O Concello de Pontecesures publica as bases da selección de persoal mediante o sistema de concurso-oposición libre para constituír unha bolsa de traballo de carácter temporal de ADMINISTRATIVOS/AS (persoal funcionario, Grupo C, Subgrupo C1 e nivel de destino 22). Unha convocatoria que foi publicada polo Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº 63 (30 de marzo de 2023).
O prazo para presentar solicitudes para participar no proceso de selección estará aberto do 31 de marzo ao 17 de abril.
|