|
Actualidade » Novas Municipais
|
|
Douscentos veciños e veciñas participaron no Photocall pola Igualdade do Concello de Pontecesures |
17/04/2023.- NOVAS MUNICIPAIS  O Concello de Pontecesures pon a disposición das persoas que participaron no Photocall pola igualdade, levado a cabo con motivo do 8M-Día da Muller, as imaxes obtidas ese día. As fotografías individuais poden recollerse dende hoxe na oficina de rexistro da Casa do Concello, así como unha réplica do collage elaborado con todas as persoas participantes, 199 en total.
No caso concreto dos diferentes estudantes que participaron nesta actividade, as fotografías serán repartidas polo propio colexio. A concelleira de Muller e Igualdade, Laura Villar, destaca a participación “de todas as persoas que se sumaron a esta proposta do Concello de Pontecesures, ás que temos que agradecer a súa implicación e sensibilidade co 8M”.
Dentro desa programación do 8M, días despois tivo lugar un curso de formación en materia de linguaxe e imaxe inclusiva no que tomaron parte tanto o persoal laboral e funcionario do Concello de Pontecesures como representantes políticos. “O bo desenvolvemento deste taller amosa o interese e a necesidade tanto da sociedade como dos traballadores institucionais de poñerse o día en materia inclusiva”, explica Laura Villar.
|
|
|
|
|
|
|





.JPG)

.png)
.jpg)



.jpg)




.jpg)


.jpg)
.jpg)
.jpg)
|