Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
    
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Eventos e Actividades

 

O Concello de Pontecesures e Mar de Santiago organizan unha excursión gratuíta para que 150 persoas coñezan o xeodestino


Ampliar Foto...
21/04/2023.- EVENTOS E ACTIVIDADES   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
O Concello de Pontecesures e Mar de Santiago organizan unha excursión gratuíta, denominada “Mar de Santiago”, o sábado 6 de maio para dar a coñecer entre a veciñanza algúns dos atractivos que inclúe este xeodestino que conforman os municipios de Pontecesures, Valga, Catoira e Vilanova de Arousa. Unha iniciativa na que poderán participar ata 150 persoas, tendo preferencia os veciños e veciñas de Pontecesures.

O alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal, explica que “o obxectivo desta iniciativa é dar a coñecer entre a veciñanza que é o xeodestino Mar de Santiago, cales son os atractivos que promovemos os catro municipios que o integramos e convidalos tamén a realizar o percorrido da primeira peregrinación a Compostela: a Traslatio cara o Mar de Santiago seguindo o camiño que atravesaron os restos do Apóstolo cara a Catedral de Compostela”.

Plan de viaxe

A expedición sairá do pantalán de Pontecesures ás 16:00 horas con destino Vilanova de Arousa, onde se agarda chegar ás 17:30 horas. Despois a veciñanza realizará visitas guiadas á Casa Museo Valle Inclán, que inclúe desde manuscritos orixinais e primeiras edicións do escritor ata unha colección de mobles e enseres propios dunha casa galega do século XIX. Despois, a expedición visitará a Casa Museo dos Irmáns Camba, destacadas figuras do mundo do xornalismo en cuxa vivenda se conservan primeiras edicións das súas obras, folletos, xornais, etc. Tras estas visitas gratuítas, os veciños e veciñas iniciarán a volta a Pontecesures en autobús.

As inscricións para participar na excursión “Mar de Santiago” ábrense o luns 24 de abril a través da web municipal www.pontecesures.org, onde haberá que encher este formulario de anotación. Tamén será posible realizar a inscrición de forma telefónica, chamando ao 986 557 125, de luns a venres en horario de mañá.

A viaxe está aberta a todas as persoas que desexen participar e as 150 prazas cubriranse por orde de inscrición, coa única excepción de que sempre terán preferencia os veciños e veciñas empadroados en Pontecesures. No caso de participación de persoas menores de 14 anos, será obrigatorio cubrir un modelo de autorización (dispoñible na web municipal) por parte do pai, nai, titora ou titor da crianza.

 

Descargar Documento... Autorización menores 14 anos

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting