| 
                        
                        
                     |                     
                         
  
                        
                            
                                | 
                                     Actualidade » Eventos e Actividades 
                                 | 
                             
                            
                                | 
  | 
                             
                            
                                
 
A Xunta de Galicia escolle a Praza de Abastos de Pontecesures para celebrar este sábado 10 de xuño o Día Internacional dos Mercados | 
                             
                            
                                | 
                                      
 06/06/2023.- EVENTOS E ACTIVIDADES         A Praza de Abastos de Pontecesures foi a escollida este ano pola Dirección Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia para celebrar este sábado 10 de xuño o Día Internacional dos Mercados. Deste xeito, todas as persoas que merquen na Praza de Abastos cesureña recibirán como agasallo material promocional da campaña “Quere o teu mercado”.
  
A maiores, a partir das 13:00 horas, o Concello de Pontecesures organizará un showcooking con produtos da praza, uns pratos que posteriormente serán degustados de balde polas persoas presentes. O alcalde de Pontecesures, Juan Manuel Vidal Seage, explica que “queremos darlle visibilidade os nosos produtos de proximidade elaborando un showcooking nas instalacións da propia praza e con produtos do propio mercado. Despois faremos unha degustación entre os praceiros e praceiras, así como entre a veciñanza que se achegue a mercar”.
  
A Xunta de Galicia leva cinco anos celebrando a campaña “Quere o teu mercado” co obxectivo de apoiar, promover e visibilizar o papel dos mercados nas vilas, potenciando así a compra do produto local ao amosar a profesionalidade dos praceiros e das praceiras. O Concello de Pontecesures adheriuse a esta campaña pola importancia do seu mercado da Praza de Abastos, onde a súa veciñanza merca produto de proximidade.
  
“Quere o teu mercado” é unha iniciativa que a Xunta de Galicia promove en colaboración cos Concellos, as Prazas de Abastos e as Federacións e Asociacións de Comerciantes. Este ano terá lugar este sábado 10 de xuño e nela participarán un total de 28 mercados de toda Galicia, onde se levarán a cabo actividades para incentivar o consumo. A Dirección Xeral de Comercio e Consumo escolleu este ano á Praza de Abastos cesureña para o reparto do material promocional.
                                 | 
                             
                            
                                |   | 
                             
                            
                                | 
                                     
 
                                 | 
                             
                            
                                |   | 
                             
                            
                                | 
                                     
 
                                 | 
                             
                            
                                |   | 
                             
                         
                           
 | 
                    
 
  
 
  
 
  
 
  
 
  
 
 .JPG) 
 
 .jpg) 
 
 .png) 
 
 .jpg) 
 
  
 
  
 
  
 
 .jpg) 
 
  
 
  
 
  
 
 .jpg) 
 
  
 
  
 
 .jpg) 
 
 .jpg) 
 
 .jpg) 
 
  
 
 .gif)                         
 |