|
Actualidade » Novas Municipais
|
|
Axudas solicitadas a través das Liñas I, II e III do Plan Concellos 2023 |
16/06/2023.- NOVAS MUNICIPAIS LIÑA I: OBRAS (3 PROXECTOS)
1.- “Acondicionamento e Melloras en Diversos Viais, Camiños e Lugares de Pontecesures” cun orzamento de 82019,34 €, redactado polo Enxeñeiro de Camiños, Canales e Portos Pablo Blanco Ferreiro, da empresa “Estudio Técnico Gallego S.A.
2.- “Mellora da Mobilidade en San Xulian” por un importe total IVE incluído de 158.723,54 € (redacción do proxecto por 3.085,50 € e execución da obra por importe de 155.638,04 €).
3.- “Mellora dun tramo da rúa Porto de Arriba”, redactado polo arquitecto municipal Carlos Basada Ferreiro, por un importe total de 25.198,30 €.
LIÑA II: PAGO GASTO CORRENTE. (3 MENSUALIDADES CANON LIXO)
O Concello solicitou unha subvención por importe de 35.685,25 €, con cargo ao Plan de obras e Servizos (Plan Concellos) 2023 co obxecto do financiamento do gasto corrente novo (Liña II “amortización, pagamento de débedas e gastos correntes”) correspondentes ás cotas provisionais de febreiro, marzo e abril de 2023, que corresponden respectivamente aos meses de xaneiro, febreiro e marzo de 2023, do canon de prestación do servizo de recollida e tratamento dos residuos sólidos urbanos e das cotas no mesmo período de tempo da recollida do RAEE e pequenos escombros domésticos da construción ao ente “Mancomunidade de concellos Serra do Barbanza”, que teñen un custo total de 47.750,40 €.
O Concello asume con fondos propios a diferenza do custo total, achegando a contía de 12.065,15 €.
LIÑA III: CONTRATACION PERSOAS DESEMPREGADAS
Na outra liña xa concedida: a liña III (Emprego), este concello recibiu unha subvención por importe de 84.752,46 €, pola que se contrataron 5 traballadores/as desempregados/as. Foron os seguintes postos: 2 peóns de Obra Pública, 1 peón de limpeza de edificios, 1 peón limpeza viaria e 1 administrativa. As contratacións fixéronse entre finais de marzo e o mes de abril ata o vindeiro 31/12/2023. Cada contrato é de 30 horas á semana.
O custo total das contratacións é de 88.917,93 €. polo que o Concello financiara estas contratacións con fondos propios 4.165,47 €.
|
|
|
|
|
|
|
|