|
Actualidade » Novas Municipais
|
|
O Concello de Pontecesures inviste máis de 7.000 euros en melloras do mobiliario e material de xogo da Escola Infantil Municipal |
15/06/2023.- NOVAS MUNICIPAIS O Concello de Pontecesures vén de investir un total de 7.383 euros para a compra de material para a escola infantil municipal. Uns cartos investidos tanto na adquisición de mobiliario como material de xogo e procedentes dunha subvención do POS 2022-2023. “Queda pendente de instalar un videoporteiro, que agardamos que poida estar listo nos próximos días”, apunta a concelleira de Ensino, Laura Villar.
Entre o material de xogo adquirido figuran dous balancíns, dous triciclos e outros dous correpasillos. En canto ao mobiliario, o Concello de Pontecesures adquiriu oito cadeiras, catro tumbonas, tres mesas, dous mobles cambiadores, tres berces de evacuación, tres colchóns, catro bases de tatami, tres chichoneras, dúas tronas e un moble almacenaxe.
|
|
|
|
|
|
|
|