|
Actualidade » Novas Municipais
|
|
28 de xuño: Día Internacional do Orgullo LGTBQI+ |
28/06/2023.- NOVAS MUNICIPAIS A revolta de Stonewall o 28 de xuño do ano 1969 é unha das bases da loita LGTB+.
Na actualidade, as persoas homosexuais, bisexuais, trans, intersexuais, queer, non binarias…. seguen a ver cuestionados os seus dereitos e sofren agresión polo simple feito de non pertencer a heteronorma.
Esta situación obríganos a seguir reivindicando a diversidade sexual e a identidade de xénero e visibilizar a loita pola igualdade de dereitos das persoas LGBT+.
Como Concello temos a obriga de evitar e condenar as discriminación do colectivo, actuando dende diferentes aspectos, por exemplo:
-Dándolle visibilidade a unha sociedade diversa proporcionando ferramentas de educación, formación e comunicación a todas as veciñas e veciños de Pontecesures.
-Evitando as discriminacións, o trato vexatorio ou a linguaxe despectiva no noso entorno e de xeito xeralizado.
-Traballar con especial fincapé no ámbito educativo con fin de acadar unha educación igualitaria e respectuosa coa diversidade de opción sexoafectiva e de identidade, esixindo, apoiando e fomentando a aplicación de plans de igualdade e protocolos de acoso EFECTIVOS nos centros educativos e apoiando firmemente a visibilidade da diversidade afectivo-sexual.
Dende o Concello de Pontecesures estamos comprometidos coa loita do colectivo LGTB+. Por iso, nunha data tan sinalada como a de hoxe, queremos facer público o no noso apoio co mesmo así como apoiar e desenvolver todas as accións encamiñadas a evitar a discriminación e o acoso do colectivo.
|
|
|
|
|
|
|
|