Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
   
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

Sesenta nenos e nenas de Pontecesures participan nos Campamentos de Verán 2023


Ampliar Foto...
28/07/2023.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...
Un total de 64 nenos e nenas participaron ao longo deste mes de xullo nos Campamentos de Verán, unha iniciativa para “promover a igualdade, a corresponsabilidade e a socialización entre as crianzas ao tempo que lles ofrecemos ás familias a posibilidade de compaxinar a vida familiar e laboral”, explica María Teresa Tocino, alcaldesa de Pontecesures. Uns campamentos que terán continuidade durante o vindeiro mes de agosto, nesta ocasión con 42 participantes de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos.

Coa sede nas instalacións anexas ao pavillón polideportivo municipal, entre as 9:00 e as 14:00 horas a rapazada desfruta dunha variada oferta lúdica que inclúe actividades deportivas, saídas pola vila e unhas divertidas “viaxes no tempo”. E é que, cada semana, o campamento muda de época e temática. Así, durante a primeira semana convertéronse en cavernícolas e coñeceron máis da nosa prehistoria a través de xogos e lecturas. Unha iniciativa que se repetiu coa cultura castrexa e celta, co medievo e coa época exipcia.

Paralelamente, a rapazada desfruta de saídas pola vila tanto a coñecer elementos do seu pasado, como a ponte que une Pontecesures con Padrón, como ata a Praza de Abastos, onde charlaron cos comerciantes e se achegaron aos produtos que venden, produtos quilómetro cero e saudables. De feito, con esa información organizaron un obradoiro de vida saudable.

Así mesmo, as crianzas desfrutan de numerosas festas da auga, onde se divirte a base de globos e cubos de auga. Ademais, practican distintas actividades deportivas como o baloncesto ou o bádminton, combinados con xogos tradicionais como o pano, a comba... Esta mesma semana recibiron a visita do judoca Toño Gómez, que lles ofreceu unha clase de iniciación ao judo.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting