|
Actualidade » Eventos e Actividades
|
|
Roteiro "Ollando o Ullán" no Concello de Pontecesures |
11/08/2023.- EVENTOS E ACTIVIDADES O Concello de Pontecesures dentro do programa "Goza da Ulla" organiza un roteiro denominado "Ollando o Ullán". O vindeiro domingo 20 de agosto, as 9:00 AM na Plazuela, no corazón de Pontecesures,dará comezo esta andaina de libre participación. Cun itinerario circular de aproximadamente 15 quilómetros, o roteiro adentrase nas ladeiras dos montes Castro Valente e Salgueiras, dende os cales se pode o Val do Ullán e o sinuoso trazado que fai o río Ulla no centro deste val. Tamén se percorrerán lugares de interese coma o mirador da Galiñeira e os Petróglifos da Pedra da Serpe. Cun desnivel de 376 metros, esta camiñada ofrece o equilibrio perfecto entre desafío e recompensa.
𝗖𝗼𝗺𝗼 𝗣𝗮𝗿𝘁𝗶𝗰𝗶𝗽𝗮𝗿: A participación nesta andaina é gratuita. Só tes que presentarte alí. Para calquera dúbida, podes contactar con Fran Oliveira chamando ao 986 564 410 ou envía un correo electrónico a xuventude@pontecesures.org.
|
|
|
|
|
|
|
|