|
Actualidade » Eventos e Actividades
|
|
O Concello de Pontecesures organiza unha homenaxe a Raimundo García Domínguez, “Borobó” |
25/08/2023.- EVENTOS E ACTIVIDADES O Concello de Pontecesures celebrará o luns 28 de agosto uhan homenaxe ao gran xornalista Raimundo García Domínguez, Borobó, con motivo dos vinte anos do seu pasamento.
Nado en Pontecesures en 1916, Borobó é considerado, nas propias palabras de Xosé María García Palmero, o primeiro decano do Colexio de Xornalistas de Galicia, “un dos grandes do xornalismo galego e non galego do século XX”. En palabras do xornalista Benxamín Vázquez González, Raimundo García era “un xornalista honesto, lonxe da figura do xornalismo de trincheira que consiste en espallar ruido e desinformación”.
A súa labor xornalística iniciouse en 1937 en plena guerra civil, en publicacións militares. Finalizada esta, e tras o seu ingreso nun campo de concentración, retoma a profesión en Madrid para publicacións como “Finisterre” ou “El Español”, entre outras.
Compre destacar o seu papel no xornal compostelán “La Noche”, no que ocupou o cargo de director a partir de 1946 dando cabida a escritores e xornalistas novos (xeración “La Noche”). As mesmas funcións de director desenvolveunas no “Correo Gallego”. De volta en Madrid, colaborou con diferentes medios de prensa e exerceu como redactor xefe da Axencia EFE ata a súa xubilación. Trasladouse a Boiro ata o seu falecemento o 28 de Agosto de 2003.
|
|
|
|
|
|
|
|