|
Actualidade » Novas Municipais
|
|
Gran participación no torneo “Basket na rúa 3x3” celebrado esta fin de semana no pavillón municipal de Pontecesures |
12/09/2023.- NOVAS MUNICIPAIS A alcaldesa de Pontecesures, Maite Tocino, participou este sábado no acto de entrega de premios do campionato “Basket na rúa 3x3”, organizado polo Club de Baloncesto Río Ulla en colaboración co Concello de Pontecesures pero que por mor do mal tempo tivo que celebrarse no pavillón municipal de Pontecesures.
Un torneo moi concorrido, como amosa o feito de que houbo que habilitar novas categorías sobre as tres previstas: categoría A (de 8 a 11 anos), categoría B (de 12 a 15 anos) e categoría C (de máis de 16 anos). Como se xuntaron máis de oito equipos na categoría de adultos e na de cadetes, a organización determinou a convocatoria dunha cuarta e quinta categoría: Feminina B e Feminina C.
O Concello de Pontecesures colaborou tamén coa doazón de dez lotes de libros (infantís, xuvenís e para persoas adultas) que foron sorteados como agasallos durante toda a xornada.
|
|
|
|
|
|
|
|