|
Actualidade » Eventos e Actividades
|
|
Pontecesures celebra o Día da Bicicleta o sábado 16 de setembro |
12/09/2023.- EVENTOS E ACTIVIDADES O Concello de Pontecesures, en colaboración con Arousa Bikes e Lotería O Golfiño, organiza o Día da Bicicleta, que terá lugar este sábado 16 de setembro. O punto de encontro será A Plazuela a partir das 16:00 horas, con saída ás 17:00 horas. Non é necesaria inscrición, se ben por razóns de seguridade é obrigatorio o uso do casco.
As persoas participantes cubrirán unha distancia aproximada de 12 quilómetros a un ritmo de paseo. Haberá tamén un percorrido máis pequeno para a rapazada de menos de 7 anos, que percorrerá acompañada de todo o pelotón. A duración estimada da actividade é de entre 2 e 2 horas e media.
Ao finalizar o percorrido sortearase unha bici e outros agasallos entre as persoas participantes. A realización da proba dependerá das condicións climatolóxicas previstas para este sábado 16 de setembro.
|
|
|
|
|
|
|
|