26/06/2023.- NOVAS MUNICIPAIS
A Deputación de Pontevedra ven de conceder ao Concello de Pontecesures unha subvención para a redación do PROXECTO DE RENOVACIÓN E MELLORA DAS INSTALACIÓNS DO CAMPO DE FÚTBOL RAMÓN DIÉGUEZ, por importe de 4.961 €.
Esta axuda ven concedida ao abeiro da liña de subvencións a entidades locais da provinica de Pontevedra con poboación inferior a 50.000 habitantes para financiamento dos gastos derivados da presentación de candidaturas de proxectos subvencionables ao abeiro do Plan de Recuparación , Transformación e Resiliencia no ámbito do Turismo Deportivo Sostible. A obtención desta axuda está condicionada á presentación da solicitude de financiamento do devandito proxecto ante o Consello Superior de Deportes.
|