12/12/2023.- NOVAS MUNICIPAIS
O Concello de Pontecesures achegara 2 solicitudes de subvencións ao abeiro das Bases reguladoras da convocatoria de subvencións para a redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da rede Ágora.
1º.- REDACIÓN DO PROXECTO DE ACONDICIONAMENTO DA CONTORNA DA ESTACIÓN DE TREN DE PONTECESURES.
O día 2 de decembro de 2022, a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, acordou a aprobación da concesión de subvencións para a Redacción de proxectos de recuperación de espazos públicos e creación de sendas peonís e/ou ciclables nos concellos da rede Ágora, concedendo ao Concello de Pontecesures un total de 16.226,10 €, correspondente ao 90% do investimento denominado "Redacción do proxecto de execución Acondicionamento da contorna da estación de tren. Este acordo foi publicado no Boletín oficial da provincia de Pontevedra número 242, o mércores 21 de decembro de 2022.
2º.- REDACIÓN DE PROXECTO "RECONEXIÓN PEONIL, SEGURA E AMABLE DO NÚCLEO URBANO DE PONTECESURES (PRAZUELA E RÚA MIGUÉNS PARRADO).
No mesmo Boletín oficial da provincia de Pontevedra número 242, o mércores 21 de decembro de 2022 aparece a concesión doutra subvención, neste caso por importe total de 7.405,20 €, correspondente ao 90% do investimento denominado "Redacción do proxecto de execución Reconexión peonil, segura e amable do nucleo urbano de Pontecesures (Plazuela e rúa Miguéns Parrado".
|