Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
    
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

AXUDAS SOLICITADAS A TRAVES DA LIÑAS I, II, III, E IV DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL (PLAN MAIS PROVINCIA) 2024 DA DEPUTACION DE PONTEVEDRA


28/06/2024.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

LIÑA I: OBRAS. (3 PROXECTOS)

1.- “Achega Municipal Pon2030 Acondicionamento Contorna Estacion”; solicitado un importe desta achega por 118.527,60 €.

A achega da Deputación de Pontevedra para o financiamento do proxecto ascende a 347.741,00 euros, en base ao convenio Pon2030 asinado entre o Concello e a Deputación; e a parte do Concello de Pontecesures (os 118.527,60 euros) financiase ao abeiro do Plan Mais Provincia 2024.

O orzamento total é de 466.268,60 euros 454.896,20 euros correspondían á execución da obra e 11.372,40 euros aos honorarios de dirección de obra.

2.- “Proxecto De Reforma De Beiraruas E Saneamento En Redondo”; solicítase a o importe total do orzamento, que ascende a 32.297,80 € (27.336,80 € para a execución de obra, e 4.961,00 € para a redacción do proxecto).

3.- Proxecto De Reurbanización De Camiño De A Toxa”, solicítase a o importe total do orzamento, que ascende a 148.602,32 € (137.041,22 € para a execución da obra, 8.361,10 € para a redacción do proxecto, e 3.200,00 € para o control arqueolóxico); e realizar dito investimento.


LIÑA II: PAGO ACREEDORES DE GASTO, E GASTO CORRENTE.

O Concello solicitou unha subvención por importe de 19.097,18 €, con cargo a Liña II “amortización, pagamento de débedas e gastos correntes para o Pago Dunha Factura Por Subministro Auga”.

O outro gasto que se realizou con cargo a Liña 2 do Plan Mais Provincia é o gasto corrente denominado Programación De Festa Do Churro 2024,  Achega Municipal Para Sufragar Os Custes Da Produccion Técnica Para Unha Actuación Musical Ao Abeiro Do Programa Mais Musica Da Deputacion De Pontevedra, E Dos Cursos Formativos”, para o que se solicitou unha axuda por un importe total de 16.153,19 €.


LIÑA III: CONTRATACION PERSOAS DESEMPREGADAS

Noutra liña xa concedida: a liña III (Emprego), este concello solicitou e recibiu unha subvención por importe de 81.640,15 € con cargo á Liña III (emprego) do “Plan de Obras e Servizos de Competencia Municipal (Plan Mais Provincia) 2024”, con destino ao financiamento da contratación de 5 traballadores/as desempregados/as dadas as necesidades, urxentes e inaprazables, de persoal en sectores, funcións e categorías profesionais indispensables para satisfacer as necesidades básicas da veciñanza e/ou para asegurar o funcionamento da entidade e dos seus órganos de goberno.

Foron os seguintes postos: 2 peóns de Obra Pública, 1 peón de limpeza de edificios, 1 peón xardinaría, e 1 arquitecto técnico. Ditas contratacións fixéronse no mes de marzo ate ó vindeiro 31/12/2023.

Os contratos son a tempo parcial: 30 h. á semana os 2 peóns de obra pública, e de 25 h. á semana as outras 3 persoas desempregadas contratadas.

O custo total das contratacións é de 84.111,79 € polo que o Concello financiara estas contratacións con fondos propios 2.471,64 €.


LIÑA IV: REDACION DE PROXECTOS DE TRANSFORMACIÓN DA MOBILIDADE EN ZONAS RURAIS E URBANAS

Solicitouse ó abeiro desta Liña unha subvención por importe 10.630,23 €, destinados ao financiamento da redacción do proxecto denominado “Reordenación funcional e material do inicio da Rúa Carlos Maside”.

 

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

Rueiro de Pontecesures

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Feria do Automóbil

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting