Concello de Pontencesures Concello de Pontecesures
 O CONCELLO      TURISMO      MULTIMEDIA       ACTUALIDADE           inicio | portada
 
Banner Seccion
icono menu Seccións
» Novas Municipais
» Eventos e Actividades
» Prazos e Convocatorias
» Bandos municipais
 
 
icono menu Buscador de Novas
 Buscar Novas...
 
Mes: Ano:
L
M
X
J
V
S
D
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
       
       
  Día con Novas
 
 


Actualidade » Novas Municipais

 

I EDICION DA FEIRA DE SEGUNDA MAN E DO COMERCIO DE PONTECESURES O VINDEIRO DOMINGO 22 DE MARZO


Ampliar Foto...
12/02/2026.- NOVAS MUNICIPAIS   Voltar Páxina Anterior ... Enviar por e-mail... Versión para Imprimir ...

O Concello de Pontecesures celebrará o vindeiro domingo 22 de marzo a I Feira de Segunda Man e do Comercio Local, coincidindo coa festividade de San Lázaro, unha das citas máis arraigadas e emblemáticas do municipio.

Esta iniciativa enmárcase dentro da política municipal de compromiso co medio ambiente e coa economía circular, co obxectivo de promover hábitos de consumo responsables e sostibles entre a veciñanza. A través desta feira, o Concello busca crear un espazo aberto e participativo no que tanto a cidadanía como aquelas persoas interesadas poidan ofrecer produtos usados en bo estado que xa non empregan habitualmente, tales como roupa, artigos deportivos, produtos de puericultura, obxectos de decoración, libros, complementos e outros bens susceptibles de reutilización.

O fin principal desta iniciativa é darlle unha nova vida a estes produtos, facilitando que poidan ser reutilizados por outras persoas e contribuíndo así á redución de residuos, ao aforro no consumo de auga e materias primas e á diminución da contaminación do entorno. Trátase, en definitiva, de fomentar un modelo de consumo máis consciente, colaborativo e respectuoso co medio natural.

Ademais, a celebración conxunta da Feira de Segunda Man e do Comercio Local pretende dinamizar a actividade económica do municipio nunha data sinalada como é San Lázaro, apoiando ao tecido comercial de proximidade e reforzando o carácter social e festivo da xornada.

As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición a través da sede electrónica do Concello de Pontecesures. Así mesmo, o formulario estará dispoñible para a súa descarga na páxina web municipal e poderá presentarse presencialmente nas oficinas do Concello. O prazo de inscrición permanecerá aberto dende o 16 de febreiro ata o 16 de marzo.

O Concello anima á veciñanza e ao público en xeral a participar nesta primeira edición, que nace coa vocación de consolidarse como un referente anual de sustentabilidade, convivencia e impulso ao comercio local.

Concello de Pontecesures

 

PD: Nos documentos adxuntos pódese consultar o regulamento de funcionameto desta feira, e tamén pode atopra a ficha de inscricion para participar nela.

 

Descargar Documento... FICHA DE PARTICIPACION
Descargar Documento... REGULAMENTO DE FUNCIONAMENTO DA FEIRA DE SEGUNDA MAN

 

 


 



SEDE ELECTRÓNICA

Perfil de Contratante

PLENOS MUNICIPAIS

Galería de Imaxes

Selección de persoal

Impresos e formularios

Rueiro de Pontecesures

Piscina Municipal

Carreira popular

Traslatio Xacobea

Biblioteca municipal

ORAL PONTEVEDRA

ORDENANZAS MUNICIPAIS

Periodo medio de pago a proveedores.

CONSELLO DE CONTAS

MERCADO MUNICIPAL

Guía de Servizos do Concello

RUTA PANTALÁN - ALBERGUE DE PEREGRINOS  (PONTECESURES).

Urbanismo e Plan Xeral de Ordenación Muncipal

UNIÓN EUROPEA

INFORMACIÓN PARQUE EMPRESARIAL

MAPA PUNTOS DE SEGURIDADE CON FORMACIÓN CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL

Feria do Automóbil

REGULAMENTO DO MERCADO DE 2ª MAN EN PONTECESURES
 

(C) Concello de Pontecesures       + + +       aviso legal       + + +       Deseño e Programación: @inet Consulting