|
04/05/2026.- NOVAS MUNICIPAIS 
1.- Obxecto O Concello de Pontecesures pon en marcha o Programa de madrugadores “Bos días, Cesures” 2026-2027 para favorecer a conciliación familiar e laboral á vez que se garante que o alumnado inicie a xornada cunha alimentación equilibrada e promova hábitos de vida saudables desde idades moi temperás, potenciar a autonomía e convivencia entre iguais e garantir a igualdade de oportunidades.
2.- Destinatarios O Programa madrugadores “Bos días, Cesures” 2026-2027 está destinado a nenas e nenos matriculados no CPI Pontecesures de todos os cursos de infantil e primaria.
Podense consultar as bases e recoller a solicitude de participación na documentación que acompaña esta nova.
|