|
04/05/2026.- NOVAS MUNICIPAIS 
1.- Obxecto
O Concello de Pontecesures pon en marcha o Campamento de Conciliación de Verán 2026 para promover a igualdade, a corresponsabilidade e a socialización entre participantes así como ofrecer ás familias a posibilidade de compaxinar a vida familiar e laboral.
O fomento da igualdade de xénero é unha prioridade no campamento, xunto coa eliminación das desigualdades e a integración dos colectivos en risco de exclusión social. Abordaranse estes temas desde diferentes puntos de vista e con actividades transversais e específicas.
2.- Destinatarios O campamento de conciliación está destinado a nenas e nenos de idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos (ambas incluídas).
|